Leo Arremecághona: «Adolfo, la arruga es bella»

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Iniciamos una nueva sección poética en TAM TAM PRESS de la mano de Karlotti Valle, uno de los fundadores de la Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol, dedicada a recordar a los poetas que han pasado por ella en los últimos ocho años. Inicia el álbum el poeta vigués Leo Arremecághona, que pasó por la primera Semana, allá por 2007, y se convirtió en uno de los componentes incondicionales de esta cita primaveral (sucede cada mes de abril) a lo largo de todas las ediciones posteriores.

: : Un poema de Leo Arremecághona

Adolfo,

“La arruga es bella”. Pero as engurras da miña vella, Adolfo. Miñanai era unha costureiriña bonita coma a de Rosalía. Ti estás rico á súa conta, Adolfo. Ela, á túa, está vella. Ben pensado, Adolfo, todo llo debes.

Ela non che debe.

Dunha volta estiven na túa casa, Adolfo. Nos quince minutos que tardamos en chegar, en coche, dende o portón á vivenda, Adolfo, deume tempo de pensar. Comparaba as hectáreas do teu predio co metro cadrado dos talleres en que Miñanai traballaba para ti. Adolfo. Pensaba no listo que fuches ao explotar a meirande fonte de riqueza da nosa matria. As engurras das nosas vellas, Adolfo.

Hai un sitio onde a miña vella non ten engurras: a xema dos dedos da man de obra cualificada de Miñanai, Adolfo. É o único dela que non me parece bonito cando a vexo. A ti parecerache bonito. Bello, Adolfo. Gastáronse contra o liño dos teus traxes.

Pódote atuar, Adolfo? Coñecémonos. Perdóame ou agradéceme que non te apelide, Adolfo

P.S.: Devólvenos o roubado. Debes.

Leo Arremecághona en la Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol.
Leo Arremecághona en la Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol.

Leo Arremecághona naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Marchou coa maioridade para Compostela e alí comezou a escribir e a facer cancións e teatro. En 1998 publica o seu primeiro disco, Suspiros de Kaña, e abre a Xira Galega de Albert Pla de finais do 97 e comezos do 98.

Nos anos seguintes actúa e escribe música para o teatro nas compañías Matarile Teatro, A Factoría Teatro e Berrobambán.

En 2005 abre o blog haicu.blogspot.com, onde comeza a publicar poemas en forma de haicu en galego. A editorial Xerais tirou do prelo en novembro de 2007 a escolma de poemas do blog homónimo Hai cu, candidato no apartado de poesía aos premios da Asociación Galega de Escritores de 2008, que presentou por toda Galicia dentro dun autodenominado Espectáculo Multimerda, Hai cu. Pintadas no báter.

— — —

«Todos los hombres reconocen el derecho a la revolución, es decir, el derecho de rehusar obediencia y sublevarse contra el gobierno cuando su tiranía o incompetencia son grandes e intolerables.»
H. D. Thoreau

Deja un comentario con tu nombre

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.