Pedro Campos: “Escena de bar”

Pedro Campos, durante una de sus intervenciones en la Semana de la Poesía Salvaxe.

Pedro Campos, durante una de sus intervenciones en la Semana de la Poesía Salvaxe.

Tercera entrega dedicada a recordar a los poetas que han pasado por la Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol en los últimos ocho años, de la mano de uno de sus fundadores, Karlotti Valle. En esta ocasión nos detenemos en el joven músico y poeta gallego Pedro Campos, que pasó por la Semana en distintas ediciones, es autor de un único poemario publicado y ha sido premiado ya en varias ocasiones.

: : Dos poemas de Pedro Campos

ESCENA DE BAR

Imaxinade que neste intre,
neste mesmo intre,
un vaso cae.
Chasss…
Unha voz escóitase dende a porta.
O señor do fondo pide outra.
A rapaza do móbil, ergue a ollada.
Non ve nada.
E sempre fuches cristal escachado.
Pero nunca se desfixo coma ti.
A cor azul nunca foi tan escura.
Nin se pisou máis de cincuenta veces.
A felicidade, gárdala en… caixas de cartón,
pero deixas os tuppers cheos de porcelana
e os caixóns completamente abertos
para quitarlles o pouco amor que queda neles.
Agora, miras a lúa con outros ollos,
agochados entre as estrelas.
Soñas outras cousas diferentes,
e cavilas acerca da realidade.
Cada dia a mesma porta
vai dar a diferentes sitios.
Son efectos da enfermidade.
Porque sentir o pulso na man
nunca foi tan imposible,
nin tan incrible.
Por iso agora xa non quedan leite e galletas para almorzar;
por iso o caldo está tan frío pola mañá;
por iso os panos de mesa
xa non son de papel,
E as cartas que agardaban na caixa de correo caducaron;
coma os iogures da semana pasada.
A caixa de Pandora sempre estivo baixo a terra,
agochada en países árabes.
Esa substancia negra coma a túa cor azul
que amabas tanto,
E pola que tanto pelexabas …
Esa substancia que ateiga depósitos …
Hoxe, poxan as últimas pingas.
Poxan as últimas pingas de felicidade e poder.
Poxa o poder!
E o pobo está en loita coma sempre …
(…)
Coma sempre quixo estar.
Os cristais seguen no chan.
Empezan a ser recollidos.

*

É ese Alento de fondo
o que me achega a ti,
o que me di que te busque
máis alá
das “pistas” de barro;
máis alá
do silencio
da túa mirada.

Víctor M. Díez y Pedro Campos en la Semana de la Poesía Salvaxe de Ferrol.

Víctor M. Díez y Pedro Campos en la Semana de la Poesía Salvaxe de Ferrol.

Pedro Campos (Boiro, Galicia, 1994). Está a piques de rematar o grado no Conservatorio Superior de Música da Coruña ao tempo que escribe algunhas cousas de vez en cando. Gústalle a Poesía, mais non se considera un gran lector. Unha das cousas que máis lle atrae da poesía é a forma na que resoan as palabras. A súa principal afección, aparte da música, é o cine.

Actualmente está nun proceso de cambio, nunha búsqueda de si mesmo. A Semana da Poesía Salvaxe (o ambiente desa parte eterna da vida que se reflexa, toda a xente involucrada, Ferrol…) é a máis grande influencia qu puido ter ate o de agora. Con iste ano, sera catro as vezes que fun invitado a esta cita única.

A pesar da súa curta idade, xa tivo tempo de gañar nos anos 2011 e 2012 o certame literario da súa vila, o “Ramón Martínez López”, e quedou tamén en segunda posición no certame “Xela Arias” (A Guarda). Polo de agora, publicou o poemario “Hipóteses, teoremas, drogas, estados de ánimo e outros remedios naturais para combater a tose ” polo IES Praia Barraña, e en La Voz de Galicia o relato “Cando les un destes libros”.

Deja un comentario y fírmalo con tu nombre o no saldrá

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: