«A Palavra Encarnada» / La Poesía Salvaxe tomará las rúas de Ferrol

El cartel es obra de Benito Mauleón de la Parte.

Nos hacemos eco del programa de «A Palavra Encarnada», nueva denominación de lo que durante tres lustros ha sido la Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol. Este año 2022 se celebrará los días 22 y 23 de abril (viernes y sábado), en esta ocasión sin ningún tipo de implicación ni de ayuda económica por parte del Ayuntamiento ferrolano, que a última hora se ha desentendido del evento.

Reproducimos también, más abajo, el comunicado emitido por los organizadores de «A Palavra Encarnada», los incombustibles Karlotti Valle y Guillermo Ferrández.

Baixo o nome de «A PALAVRA ENCARNADA» NO NOSO INFINITO E VERMELHO AVRIL, convocamos, para que a cidade de Ferrol non perda o colleitado coa poesía salvaxe, os días 22 e 23 do citado mes, a poetas que fagan voar os versos, os poemas, e desdobra a cidade dos guindastres en extinción. E ao longo dos dous días os poemas serán voados polas prazas e rúas de Ferrol, cafés, bares, tabernas… por enroladas tripulacions celebrando ás adorabeles derrotas.

:: EL PROGRAMA

Venres 22

Ás 17.30 horas no Kiosko do Cantón recitado de poetas de combate en homenaxe ao 50 aniversario do 10 de Marzo e ao 25 de Abril. Lectura do colectivo Moraima a quen seguirá Quico Cadaval, Xosé María Álvarez Cáccamo, Guillermo Ferrández, Víctor M. Díez, Karlotti, Manolo Bacalhau, Eugenia Sanmartín, Itha K., Helga Méndez, Iolanda Teixeiro

18.30h. No Ateneo Ferrolán estarán Lucía Aldao, María Lado, Carlos Santiago e Sol Mariño, poeta inédita, que recitarán versos dos seus novos traballos e libros recén editados, fresquiños ou palpitantes inéditos.

22.30h. No pub Manchita Cosa farase unha lembranza ao Cabaret Voltaire e a todos os cafés dadaístas que no mundo foron. Recitarán os citados poetas (Dada Madriña Itha K., Suso Eiroa, Carlos Santiago, Sol Mariño e todas as invitadas) e haberá regueifas abertas con proposta de versos sobre paixóns ocultas e lírica satírica.

Sábado 23

Ás 12.30 horas no Centro Cívico de Canido, presentado por Eugenia Sanmartín lerán traballos seus baixo a advocación de Safo, Víctor M. Díez, Olaia Pazos e Sol Mariño. A mañá rematará cun xantar de confraternización poético-maxilar.

17.30h. Proxecto interdisciplinar “Mareando versos” en homenaxe á actriz e inventora Hedy Lamarr. Desde Curuxeiras (na lancha de Mugardos) partirá a lancha da ría para quen quera percorrer e celebrar entre versos, salitre e cancións mariñeiras a beleza dunha das rías máis fermosas e inspiradoras do occidente cristiano.

20.00h. Pub Cuerda Floja. Espectáculo daltónico “Pintando palabras”. Actuarán o popular contacontos Quico Cadaval, Xosé María Álvarez Cáccamo e Sol Mariño coa compaña salvaxe de Al Suin, Eugenia Sanmartín e o prestixioso músico Manolo Bacalhau.

Semana de la Poesía Salvaxe de Ferrol.

:: EL COMUNICADO

Estimados amigos y amigas, perdoar as molestias, só temos a intención de darvos a coñecer, ante o desprezo e desconsideración do Concello, e en concreto da Concejalía de Cultura da cidade de Ferrol, poñer nas vosas mans un breve comunicado que explica o esencial desta incomprensible relación coa SEMANA DE POESÍA SALVAXE, 15 anos sen interrupción poñendo a poesía nas rúas desta cidade. Sen mais achegámosvos o comunicado:

A PALAVRA ENCARNADA:
Poesía nun concello que non amaba a poesía

Os próximos 22 e 23 de abril, Ferrol volve mergullarse na poesía máis vital e directa, desta volta baixo o título de A Palavra Encarnada que substitúe ao de Semana de Poesía Salvaxe que desde hai quince anos se vén celebrando na cidade. A cita reúne a un bo fato de poetas que asistiron a edicións anteriores así como a organización en mans dos escritores Karlotti e Guillermo Ferrández.

Este ano será especial xa que a cita regresa aos tempos en que Rey Varela era alcalde da cidade e non colaboraba co evento. O actual edil [Ángel Mato] e o seu concelleiro de Cultura [Antonio Golpe Díaz] seguen a mesma política. Tras prometer axuda en diversas ocasión ao longo dos últimos meses, a última hora desentendéronse do tema deixando á organización da Palavra Encarnada con pouco tempo de reacción e poetas de toda España e Portugal á espreita. Pero si, houbo reacción da xente que valora y aprecia ésta cita poética e parte dos poetas dispostos a vir nestas condicions de precaridade. A xenerosidade das persoas é mais decisiva á hora de facer cultura.

Unha cita pola que teñen pasado Premios Nacionais de Poesía, outros que deberían selo e mitos da palabra como Carlos Oroza. Editáronse monografías, hai gravado un documental de Carlos Quirós e prestixia a esta cidade no eido intelectual como ben saben por Galicia, España e Portugal adiante. Todo por unha cantidade económica ridícula que fai pensar máis na falta de interese dos xestores municipais que en razóns estritamente económicas. Contrapón, ademais, unha cidade industrialmente en decadencia con outra dunha vitalidade cultural na liña do que sempre foi Ferrol: culta, xenerosa e cosmopolita. E así será o próximo venres e sábado, con especial homenaxe ao 50 aniversario do 10 de Marzo e, como cada ano, ao 25 de abril.

«Las multitudes no son para el poeta? Evidentemente, no.». Fotografía de Karlotti, tomada de su muro de FB.

Deja un comentario con tu nombre

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.